Bici Rutas Vigo 2011


Bici Rutas Vigo 2011

O Club Ciclista Vigués ten programadas para esta primavera as Bici Rutas Vigo 2011, unha actividade que inclúe catro paseos en bicicleta para gozar do exercicio ao aire libre, da propia cidade e os seus magníficos arredores.

Bici Rutas


  • 08 maio 2011: Náutico, Samil, Cabo Estai. Regreso ao Náutico. 
  • 15 maio 2011: Parque Castrelos, Ribeira do Lagares e Bouzas. Regreso ao Parque de Castrelos.
  • 29 maio 2011: Náutico, Parques da Guía e A Riouxa. Regreso ao Náutico.
  • 05 xuño 2011: Calvario, Camiño da Traída de Auga. Saída e chegada á rúa Urzaiz (zona peonil) no Calvario.

Participantes

Maiores de 10 anos. Esta actividade realizarase a modo de excursión individual, aínda que os participantes deberán atender as indicacións do Club Ciclista Vigués - Autronic para a mellor coordenación da actividade.


Listaxe de descargas